"Desmemoria" para "Fluíndo no Lérez", intervención na Illa das Esculturas. 11-6-2017


Alguén fixo "desaparecer" esta instalación ás poucas horas da súa instalación, lle deron "paseíllo" ao amparo da noite, pode ser que agora estea enterrada nalgunha cuneta. Con isto a intervención ten quedado redonda, parecería que é parte premeditada da acción máis por desgraza non é así. Sorte que quedan as fotos e internet. 

Achegueime ao amparo dun dos "36 Xustos" de , pero nin con esas!
Penso que a desaparición non foi obra de gamberros, estos terían collido os cránios e os osos máis non outros elementos como bolsas de aluminio ou latas esmagadas ,o servizo de limpeza non traballa nesa franxa horaria nin na fin de semana, polo tanto penso que o autor é alguén a quen lle amolou o recordatorio. Por certo por desaparecer desapareceu ata do vídeo conmemorativo.

Ao lonxe vense outros elementos da composición: a árbore morta, a ponte e la igrexa, ao carón unha escultura de Fernando Casás.

Gracias a Manuel Hermida Rivas polas fotos.